Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Concedida unha mención honorífica ao axente da Policía Local Paz Viñas por unha actuación extra

 Oleiros, 30 de marzo de 2023-. O Concello de Oleiros concedeulle unha mención honorífica ao axente da Policía local Juan Carlos Paz Viñas pola súa actuación extraordinaria no salvamento dunha muller nun intento de suicidio arroxándose desde o tellado dun edificio de tres plantas de Perillo o pasado mes de setembro. Nunha actuación de máis de 2 horas, xunto con Emilio Rocha Vilariño e dous axentes da Garda Civil do posto de Oleiros, en compañía dun traballador do 061, improvisaron un arnés cunha corda ao redor do corpo de Paz Viñas, que accedeu á cuberta do edificio, sen ser advertido pola rapaza, reptando sobre as tellas e abalanzándose sobre ela antes de que puidese saltar ao baleiro. Xa presa, o resto dos funcionarios policiais e máis o sanitario tiraron da corda arrastrando aos dous ao interior da vivenda. Como consecuencia desta manobra Juan Carlos Paz Viñas sufriu queimaduras no brazo esquerdo e un dos axentes da Garda Civil lesionou un brazo. A muller finalmente puido ser trasladada ao CHUAC. 

 
Ademais deste recoñecemento, no pleno celebrado esta tarde foron aprobados de forma definitiva un cambio de rasantes en Cabreira e unha modificación de aliñacións na rúa Fornos. Tamén foi aprobado o convenio urbanístico no PP SUD-10 de Viñas de Babilonia. Así mesmo, o pleno acordou delegar na Xunta de Goberno Local para que, en acto público, se realice o sorteo de mesas nos procesos electorais deste ano 2023.
 

 
back link