Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Comunicado sobre a expropiación da gasolineira de Santa Cruz

Oleiros, 06 de febreiro de 2016.- O Goberno municipal decidiu ampliar a información aportada no día de onte sobre a expropiación da gasolineira de Santa Cruz co seguinte comunicado:

CEPSA COMERCIAL PETROLEO S.A.U É A TITULAR DAS INSTALACIÓNS DA GASOLINEIRA DE SANTA CRUZ E DAS LICENZAS SEGÚN ESCRITURA NÚMERO 1281 DE 26 DE MARZO  DE 1992 OUTORGADA  ANTE O NOTARIO LORENZO GUIRADO SANZ  pola que a Compañía Arrendataria del monopolio de petróleos (CAMPSA) constitúe CEPSA ESTACIONES DE SERVICIO S.A. traspasándolle a estación de servizo nº 34.141 de Santa Cruz-Oleiros arrendada a favor de Distribuciones Taula S.L  en virtude do contrato de  arrendamento de industria de data 25.1.1991 por 25 anos.

1. EXTINCIÓN DO ARRENDAMENTO INDUSTRIAL

O arrendamento industrial a favor de Distribuciones Taula S.L  extinguise o día 25 de xaneiro de 2016. O contrato de arrendamento industrial no foi prorrogado.

CEPSA COMERCIAL PETROLEO SAU fai constar que DISTRIBUCIONES TAULA S.L non lles entregou a estación de servizo o día 25 de xaneiro de 2016, data na que se extinguía o contrato de arrendamento industrial por 25 anos, malia terlle requerido por buro fax comunicando á empresa explotadora que o día 25 de xaneiro de 2016 ás 10 horas personaríanse na estación de servizo 34.141 a fin de que lles fora entregada a posesión da citada estación de servizo.

O 25 de xaneiro de 2016, o NOTARIO DON ANDRÉS ANTONIO SEXTO PRESAS levanta acta notarial sobre a negativa de Don Fernando Martínez González en representación de DISTRIBUCIONES TAULA S.L á entrega de chaves ao representante de CEPSA COMERCIAL PETROLEO SA.

No expediente de expropiación forzosa, os que din ser traballadores da Gasolinera de SANTA CRUZ non aportaron (a pesar de pedírllelo e outorgarlles prazo para elo) os contratos laborais que acreditaran a súa vinculación laboral actual coa empresa DISTRIBUCIONES TAULA S.L.

2. IRREGULARIDADES MEDIOAMBIENTAIS

A gasolineira no se someteu nin á regulación de normativa relativa ao Reglamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas de 1961, nin á Lei 1/95 de 2 de xaneiro de protección ambiental de Galicia, nin á Lei 9/2013 de 19 de decembro. Todas estas normativas teñen por obxecto evitar e correxir os efectos negativos no medio ambiente, a través de procedementos de evaluación ambiental previa e de vixiancia e control. O Concello de Oleiros non dispón de ningún documento no que se acredite o bo estado dos tanques, tubarías, redes e pavimentos da gasolineira.

Durante a tramitación do expediente, nin CEPSA nin Distribuciones Taula presentaron documento algún no que acrediten que cumplen coa normativa.

3. LEGALIDADE URBANÍSTICA

O terreo que ocupaba a gasolineira figura clasificado como solo urbano consolidado, coa calificación urbanística de sistema xeral viario no PXOM del Concello de Oleiros. Esta situación faculta legalmente ao Concello de Oleiros para realizar a expropiación, xa que o terreo atópase fóra de ordeación e é un solo urbano consolidado.

O PXOM aprobado en 1984, o aprobado en 1995-1997 e o aprobado en 2009-2014 clasifican os terreos de sistema xeral viario a obter por expropiación. Nin CEPSA nin Distribuciones Taula S.L presentaron recurso algún contra os PXOM aprobados. Desde 1984 os terrenos podían ser obxecto de expropiación para destinalos ao fin contemplado no PXOM.

4. PROCESO DE EXPROPIACIÓN

O Concello de Oleiros inicia a expropiación por Resolución nº 3603/15 de 10 de setembro. Notifícaselle a CEPSA e DISTRIBUCIONES TAULA S.L adxuntándolles o proxecto de expropiación e se expón ao público para a presentación de alegacións.

Presentáronse alegacións por CEPSA COMERCIAL PETROLEO S.A; POR FERNANDO MARTÍNEZ GONZÁLEZ, POR LUIS ROMERO MOLINA, POR JUAN JOSÉ BRANDARIZ BOUTUREIRA POR ROMERO VILLAMOR Y MONTSERRAT RODRÍGUEZ GÓMEZ. Se resolveron as alegacións e ditouse resolución aprobando definitivamente o expediente de expropiación Resolución nº 5324/15 de 17 de decembro de 2015 na que se determinaba que o acto de pago e de ocupación dos terreos tería lugar o día 26 de xaneiro de 2016.

Notificouse a todos os afectados.

5. PAGO DO XUSTIPREZO

Por CEPSA COMERCIAL PETROLEOS S.A.U solicitouse o día 18.01.2016 que se efectuara o pago do xustiprezo mediante ingreso na Caja General de depósitos de la Delegación de Hacienda o importe de 134.918,05 € sen prexuízo da determinación definitiva do xustiprezo polo Xurado de expropiación da Xunta de Galicia. Por Resolución nº 181/16 de 20 de xaneiro a 1ª Teniente de Alcalde Delegada de  Economía e Facenda estima o escrito e se ingresa o importe o 25 de xaneiro de 2015.

6. AUTO DO XULGADO 

O 20 de xaneiro de 2016 ás 13:11 se recibe vía FAX, AUTO do XULGADO CONTENCIOSO-ADMINITRATIVO nº4 resolvendo a MEDIDA CAUTELARISIMA DE SUSPENSION DA RESOLUCIÓN Nº5324/15 DE 17 DE DICIEMBRE DE 2015 cuxa parte dispositiva  di:

- NO APRECIAR las circunstancias de especial urgencia alegadas y
- ORDENAR la tramitación del incidente cautelar conforme al art. 131. A tal efecto dar traslado por el plazo de 10 días a la Administración demandada conforme a lo dispuesto en el art. 131 de la LJCA para que exponga lo que estime conveniente procedente sobre solicitud formulada por el recurrente.

O  AUTO do Xulgado é obxecto de interpretación no sentido de considerar que a Resolución Nº 5324/15 DE 17 DE DECEMBRO DE 2015 non está suspendida cautelarmente dado que o XULGADO non optou pola solución do art. 135 apartado a) da Lei 29/1998 de 13 de xullo reguladora da Xurisdicción Contencioso Administrativa de apreciar as circunstancias de especial urxencia e resolver con arranxo ao Artogo 130 (Previa valoración circunstanciada de todos os intereses en conflito, a medida cautelar poderá acordarse únicamente cando a execución do acto ou a aplicación da disposición poideran facer perder a súa finalidade lexítima ao recurso)  máxime tendo en conta que os  apartados SÉTIMO E OITAVO da Resolución da Alcaldía  nº 5324/15 de 17 de dicembro de 2015 dispoñía o pago e a ocupación para o día 26 de xaneiro de 2016).
Ao contrario, o AUTO opta pola opción b do art. 135 da misma disposición (Non apreciar as circunstancias de especial urxencia e ordear a tramitación do incidente cautelar conforme ao artigo 131, durante a cal os interesados no poderán solicitar novamente medida algunha ao amparo do presente artigo).

É certo que estranou  e confundiu o SEGUNDO FUNDAMENTO DE DEREITO ao  non guardar relación coa parte dispositiva do AUTO, pois habendo antiga xurisprudencia (non citada neste fundamento xurídico) dilucidando sobre a suspensión durante a tramitación da medida cautelar hoxe considérase que non é aplicable á vista do apartado 10 do ARTIGO TERCEIRO da Lei 37/2011de 10 de outubro “de medidas de axilización procesal” que modifica o art. 135 da Lei 29/1998 de 13 de xullo introducindo a medida cautelarísima que  permite  á Xuíza  adoptar a suspensión, neste caso da Resolución do Alcalde 5324/2015, sen ser escoitado previamente o Concello. 

7. OCUPACIÓN

O día 26 de xaneiro de 2016 ás 14:00 h entendendo que non está suspendida a Resolución nº 5324/15 procede á ocupación do terreo e das instalacións no emplazamento da gasolineira en Santa Cruz.

Deixase constancia que non se ocupou a edificación dado que Fernando Martínez González de DISTRIBUCIONES TAULA S.L que ten o domicilio social neste lugar, no quixo desaloxar a edificación. Isot, en aplicación do art. 51 da Lei de expropiación forzosa que EXIXE A AUTORIZACIÓN XUDICIAL PARA A ENTRADA EN DOMICILIO SOCIAL DA EMPRESA.

O mismo día 26 de xaneiro de 2016 recíbese ás 14:27 h auto do XULGADO nº 4 no que se denega a solicitude de Distribuciones Taula de aclaración do auto ditado  o 20 de xaneiro de 2015.

8. BALEIRADO DE TANQUES

Dada a perigosidade de acumulación de gases por combustible, a petición de Fernando Martínez González en nome de Distribuciones Taula S.L  (escrito nº 974 del  día 26.06.2016), a Resolución nº 284/2016 de 26 de xaneiro autorizou a Distribuciones Taula S.L. ao baleirado dos tanques existentes no subsolo das instalacións autorizando o desprecintado dos surtidores e notificar a CEPSA COMERCIAL PETROLEO SAU, para que proceda a partir do día 28 de xaneiro ao desgasificado dos catro tanques existentes no subsolo das instalacións da gasolineira coa advertencia que se o día 3 de febreiro de 2016 non se iniciaron os traballos de desgasificado, procederase polo Concello de Oleiros a contratar o servizo cos gastos a cargo de CEPSA COMERCIAL PETROLEO SAU, se así se determina e resulta dos expedientes de revocación de licenza e de expropiación forzosa tramitados.”

9. REQUERIMENTO DO XULGADO SOLICITANDO INFORMACIÓN

O Xulgado do Contencioso Administrativo nº 4  require o día 27.01.2016 ás 13:30 h que se informe no prazo de 3 días sobre a ocupación dos terreos  e instalacións da gasolineira de Santa Cruz.

O día 1 de febreiro preséntase  no Xulgado  do contencioso administrativo nº4 informe de 29 de xaneiro sobre os feitos acontecidos o día 26 de xaneiro de 2016.


10. REQUERIMENTO DO XULGADO ORDEANDO O DESPRECINTADO

O 3 de febreiro de 2016 ás 13:04 h recíbese Auto do Xulgado Contencioso Administrativo nº 4 polo que requiere ao Alcalde para que ordee o  desprecintado inmediato  dos surtidores da gasolineira e desocupe as súas instalacións e terreos en tanto non se dite resolución das medidas cautelares.


11. CUMPRIMIENTO DO REQUERIMENTO

Por Resolución nº 397/16 de 3 de febreiro dítase Resolución do Alcalde pola que se acorda:

“1.-Dar cumprimento do ordenado pola maxistrada xuiz do contencioso adtminsitravio n. 4,  e en consecuenza proceder ao desprecintado inmediato dos surtidores da gasolineira e desocupación de instalacións e terreos.

2.-Comunicar a Cepsa para que paralice o desgasificado das instalacións. En todo caso advírteselle que  deben garantir que as instalacións queden coas medidas de seguridade adecuadas.

3.-Notifiquese a Distribuciones Taula, Cepsa e a Policía Local”.

Esta resolución notificouse o mesmo día 3 de febreiro a Distribuciones Taula S.L e a CEPSA. O informe da Policía municipal de 3 de febreiro de 2015 deixa constancia do desprecintado e da desocupación da instalación.

 


 

back link