Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Comezan as charlas de divulgación da Administración electrónica

Oleiros, 14 de novembro de 2012-. O Concello de Oleiros continua cunha serie de charlas informativas que achegarán a nova sede da administración electrónica á cidadanía. As charlas, que terán unha duración aproximada de 45 minutos, serán impartidas por un técnico cualificado. Celebrarase unha reunión por parroquia para evitar os desprazamentos dos veciños e veciñas. As charlas serán acollidas polas distintas casas do pobo e polos centros cívicos de cada localidade. A próxima sesión terá lugar mañá xoves a partir das 19 horas no Centro cívico de Montrove.

Esta fiestra dixital á Administración conta inicialmente con 22 trámites dispoñibles, 14 para a cidadanía e 8 para provedores, pero esta cantidade irase incrementando progresivamente a medida que se cumpran fases da posta en marcha do Plan de Administración Electrónica do Concello de Oleiros. A nova sede electrónica dispón de sistemas que permiten o establecemento de comunicacións seguras sempre que estas sexan necesarias. Para isto, o portal establece o Rexistro Electrónico en 5 trámites para os que é necesaria a identificación e sinatura mediante e-DNI, ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre. A novidosa ferramenta, á que se pode acceder de forma sinxela desde a portada do portal web municipal, inclúe os servizos da Carpeta Cidadá, o Portal do Provedor e o Portal de Notarías e Xestorías.
 

back link