Hemeroteca

Asset Publisher

Back Cepsa e Distribuciones Taula terán que descontaminar o solo da antiga gasolineira de Santa Cruz

Oleiros, 3 de marzo de 2017-. O Concello de Oleiros xa dispón do proxecto para a descontaminación do solo da antiga gasolineira de Santa Cruz. Os traballos, que teñen un custo de 198.000 euros, deberán ser executados por Cepsa e Distribuciones Taula, tal e como estipula a lei.

A operación consiste basicamente na retirada dos catro tanques de combustible existentes na parcela e na descontaminación e limpeza de todo o solo. Cepsa e Distribuciones Taula terán agora un prazo de alegacións. Unha vez resoltas terán que executar o proxecto. De non ser así será o Concello de Oleiros o que o faga, imputándolle todos os custos a estas dúas empresas.
 

back link