Hemeroteca

Asset Publisher

Back As persoas maiores invitadas a participar mañá na Romaría das Merendiñas

Todos os veciños e veciñas maiores de 60 anos están convidados a participar mañá na Romaría das Merendiñas. Para poder acceder é imprescindible presentar a invitación que se enviou aos domicilios.

A romaría celébrase nos xardíns das Torres de Santa Cruz, a partir das 13:00 horas. O menú será o tradicional e antes e despois da comida haberá música e baile, coa Banda da Escola Municipal e co dúo Xilo e Carlos e os solistas Sito Sedes e Carmen María.

Un elemento fundamental desta festa é a implicación e participación de numerosas persoas que colaboran desinteresadamente na organización e no desenvolvemento desta romaría, unha axuda imprescindible para que As Merendiñas poidan realizarse.

back link