Oleiros, 28 de abril de 2016-. A colectiva de percusión da Escola Municipal de Música participará mañá na III edición do Festival de Grupos de Percusión da Coruña. O acto celebrarase ás 18:00 h no Auditorio do C.MUS Profesional da Coruña e os oleirenses compartirán escenario co C.MUS Profesional do Obradoiro, a Escola de Música Sementeira; a Escola de Música de Salceda de Caselas; a Escola Municipal de Burela, o C.MUS Superior da Coruña e o grupo de percusión Atacca.
Pola súa parte, o alumnado dos cursos superiores de danza clásica da Escola Municipal de Danza participará mañá nas actividades organizadas na cidade de Lugo para conmemorar o Día Internacional da Danza. O Auditorio Gustavo Freire de Lugo acollerá o espectáculo a partir das 20:00 h. As entradas son gratuítas e poderán collerse unha hora antes da función no despacho de billetes.