Hemeroteca

Asset Publisher

Back As entidades veciñais participan na elaboración dos orzamentos municipais

Oleiros, 29 de setembro de 2015-. As entidades veciñais do Concello de Oleiros están a participar na elaboración dos orzamentos municipais para o vindeiro ano. Os colectivos poden enviar as súas propostas coas necesidades detectadas nos seus ámbitos co fin de incorporalas a uns presupostos que estarán centrados no mantemento da calidade de vida.

O Goberno municipal realizou durante a pasada lexislatura un importante esforzo orzamentario dirixido, prioritariamente, a manter os servizos municipais, a educación, a promoción da cultura e o deporte e as actividades sociais. A política seria, austera, rigorosa e eficaz na xestión directa dos ingresos municipais, permitíu o mantemento da inmensa rede de servizos e equipamentos que ao longo de tantos anos se conseguiron para facer de Oleiros un concello singular e distinto.

O froito na xestión fixo posible que no exercicio do 2014 o Concello de Oleiros obtivese un superávit que permite afrontar ata finais de ano un importante número de obras aprobadas no Pleno do pasado mes de xullo. Eses proxectos desenvólvense a partir das demandas xurdidas do diálogo permanente cos colectivos veciñais e coas persoas e van permitir a mellora de moitos lugares e infraestruturas do término municipal.
 

back link