Hemeroteca

Asset Publisher

Back As Casas da Mocidade avanzan a nova programación de ocio para o mes de outubro

O Concello de Oleiros organiza numerosas actividades de ocio para a mocidade entre 14 e 30 anos nas casas das Pedras e Portaberta durante o mes de outubro.

Está aberto o prazo de inscrición nas actividades programadas para o mes de outubro nas Casas da Mocidade As Pedras e Portaberta.

A data límite para inscribirse nas diferentes propostas será o domingo anterior á celebración da mesma.

Durante o mes de outubro a rapazada poderá gozar de obradoiros de cociña de samaín, paseos en bici, torneo de billar brasileiro, unha saída sendeirista a Monfero, encontro de mocidade voluntaria, mociRadio, obradoiro de iniciación ao debuxo ou unha velada de Samaín; entre outras.

Máis información en centrosmocidadeoleiros.wordpress.com, nos correos electrónicos pix.portaberta@gmail.com/pix.aspedras@gmail.com e nos teléfonos 981 614 083 (Portaberta) e 981 977 944 (As Pedras).

back link