Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás As bibliotecas municipais de Oleiros programan diferentes actividades para conmemorar o Día do Libro

Co obxectivo de conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (2 de abril) as bibliotecas públicas de Oleiros organizan, a partir do día 4 de abril, unha ampla programación de actividades baixo o título de En abril, libros mil.

Desde o día 4 de abril, as diferentes bibliotecas públicas municipais organizan en todas as parroquias, múltiples actividades para conmemorar o Día do Libro infantil e Xuvenil como contacontos, mostras bibliográficas ou actividades dirixidas aos centros de ensino de Oleiros entre as que destacan obras de teatro, recitais de poesía, actividades plásticas ou contacontos para todas as idades.

Pódese consultar a programación en cada unha das bibliotecas públicas a través da web municipal ou en cada unha das bibliotecas.

back link