Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Abre o prazo de inscrición para as actividades culturais

Oleiros, 26 de setembro de 2016-. As distintas actividades formativas incluídas dentro do programa de actividades culturais, que comezarán un ano máis a partir do mes de outubro, inclúen entre outras a Escola de Artes Plásticas para nenos e nenas, os obradoiros de teatro infantil e xuvenil e o grupo de iniciación ao teatro para persoas adultas. O período de inscrición xa está aberto.

Así mesmo, no mes de outubro continuará a súa actividade o alumnado do grupo estable de teatro, que leva xa varios anos de traxectoria teatral con grande éxito de participación e continuidade. As actividades de olería infantil, xuvenil e de adultos retomarán as clases a partir do mes de xaneiro.

Para ter máis Información e formalizar as inscricións, as persoas interesadas poden dirixirse á Fábrica, en Perillo. Tamén poden chamar ao teléfono  981 610 000 (extensións 4915 e 4916) ou contactar mediante enderezo electrónico con cultura@oleiros.org  ou  r.caparros@oleiros.org.
 

back link