Hemeroteca

Asset Publisher

Back Aberto o prazo de inscrición para o curso de monitor de tempo libre

Oleiros, 3 de maio de 2012-. O Concello de Oleiros informa de que se abre o prazo de inscrición para o curso de monitor de tempo libre que comeza o próximo día 25 de xuño no Centro Cultural A Fábrica. As persoas destinatarias son persoas maiores de 18 anos en posesión do graduado en ESO. As inscricións poden facerse na conserxería da Fábrica de 8.30 a 14.30 horas ou a través da Carpeta Cidadá da páxina web municipal.

O curso de monitor de tempo libre terá unha duración de 350 horas divididas en 200 horas teórico-prácticas e 150 horas prácticas. Durante o período de 200 horas as persoas participantes realizarán unha acampada na que porán en práctica o aprendido ao longo das horas lectivas.
 

back link