Hemeroteca

Asset Publisher

Back Aberto o prazo de inscrición para ir esquiar a Andorra en Semana Santa

Oleiros, 27 de xaneiro de 2016-. O Concello de Oleiros oferta un total de 39 prazas para viaxar a Andorra e gozar dos deportes de inverno entre o 19 e o 26 de marzo, coincidindo coa Semana Santa. Todas aquelas persoas maiores de 18 anos empadroados, tendo preferencia a franxa de 18-30, interesadas en realizar esta viaxe poden solicitar máis información chamando ao 981 636 598.

A viaxe incluirá todo o necesario para gozar de 5 días de esquí: aluguer de material, 5 días de clases de esquí cos mellores monitores, 5 días de forfait, transporte e aloxamento en habitacións dobres, comida en pistas, seguro de accidentes e tempo libre para gozar de relaxantes descansos no Centro Termal de Caldea, de paseos polas rúas de Andorra ou doutro tipo de actividades.
 

OBTÉN MÁIS INFORMACIÓN

back link