Hemeroteca

Asset Publisher

Back Aberto o prazo de inscrición no Tríatlon de Oleiros 2013

Oleiros, 2 de abril de 2013-. O Concello de Oleiros abre o prazo de inscrición para a XXIV edición do Tríatlon de Oleiros que se disputará o próximo sábado 4 de maio ás 16.00 horas na localidade de Mera. As preinscricicións poderán realizarse ata o martes 9 de abril ás 14:00 horas a través da web municipal do Concello de Oleiros (www.oleiros.org), no apartado da Concellería de Deportes.

É necesario achegar os seguintes datos: nome, apelidos, DNI, data de  nacemento, categoría, teléfono e nome do club ou no seu caso non federado. As persoas non federadas para facer a licenza dun día deberán achegar ademais a copia do DNI, no propio formulario de inscrición. A preinscrición será por orde de rexistro na propia web, a partir da entrada 140 confeccionarase a listaxe de espera.  A listaxe de persoas preinscritas publicarase na web municipal do Concello de Oleiros. O custo da inscrición para todas as persoas participantes é de 14,64 euros.

As 140 persoas inscritas recibirán un correo electrónico cos pasos a seguir para facer o pagamento. A data límite para realizar o ingreso será ata o 12 de abril inclusive. Se quedasen prazas libres rematado este período procederase a contactar coas persoas inscritas na listaxe de espera. A listaxe de persoas admitidas publicarase na web municipal do Concello de Oleiros. O tríatlon de Oleiros é unha das probas con maior tradición do calendario galego, é unha proba pioneira no noso país e lévase a cabo nunha paraxe natural incomparable.
 

back link