Oleiros, 15 de xaneiro de 2018-. Dúas sentenzas xudiciais acaban de darlle a razón ao Concello de Oleiros nas expropiacións realizadas nas zonas verdes de Bastiagueiriño e Bastigueiro. A xustiza di que o Concello de Oleiros actuou conforme as leis e respectando o Plan xeral.
No caso de Bastiagueiriño, o Concello de Oleiros vai crear un gran parque que lle dará continuidade ao xa existente de Galeras e que se prolongará ata a praia de Bastiagueiro. A outra das sentenzas referíase á expropiación da casa que se atopa en zona verde, no medio do aparcadoiro público que existe tras a praia de Bastiagueiro, e que o Goberno municipal ten previsto destinar a actividades náuticas.