Hemeroteca

Asset Publisher

Back A Xunta segue sen restituír os servizos de autobús eliminados no norte do Concello de Oleiros

O Concello Oleiros volve denunciar publicamente que a Xunta de Galicia non restituíu as liñas de transporte eliminadas o 22 de xuño, que afectan principalmente a Dorneda, Mera, Dexo e Lorbé. Malia anuncialo, a Xunta só recuperou 6 dos 30 servizos que foron que suprimidos.

Igual que sucedeu coas anteriores modificacións, non se informou a cidadanía, nin se lle comunicou ao Concello de Oleiros. A única información existente sobre os cambios é a que figura na aplicación, de difícil acceso para moitas persoas.

Dados os graves prexuízos que se lle están a crear a moitos cidadáns, o Concello de Oleiros reclama que se volvan a poñer en funcionamento todas as liñas eliminadas. Así mesmo, anunciárase a incorporación dun bus articulado para cubrir o incremento de persoas usuarias da liña B-9 (que se estendeu ata Dexo e Lorbé) e ata o momento non foi empregado.
 

back link