O máis indignante é que mentres se lle nega este servizo a uns municipios; Arteixo, Culleredo e parte de Cambre si teñen bus á universidade cunha frecuencia dunha hora. Xa que a directora xeral de Mobilidade non foi capaz de explicar esta arbitrariedade na reunión celebrada o pasado martes, debería pronunciarse publicamente porque uns municipios si e outros non, cando só no Concello de Oleiros hai máis de 800 potenciais usuarios entre estudantes, profesorado e funcionariado.
Tamén é falso que a Xunta “asuma” e “atenda” as demandas dos concellos e que xa dera resposta ás peticións. No caso de Oleiros, non se atendeu ningunha das solicitudes formuladas. Realizar esa afirmación baseándose en que hai 5 frecuencias diarias para Xaz e que puxeron dous buses máis á praia de Mera no verán é un insulto á cidadanía.