Hemeroteca

Asset Publisher

Back A urbanización Mesón da Auga contará cun novo parque infantil

Oleiros, 10 de novembro de 2017-. O Concello de Oleiros ampliará a actual zona de xogos infantís existente na urbanización Mesón da Auga ante o elevado número de nenos e nenas que residen nesta zona. Esta obra será contratada nas vindeiras semana e superará os 24.000 euros.

O Concello de Oleiros conta con máis de 60 parques infantís espallados por todo o municipio. Todos eles cumpren coa normativa europea de seguridade e son inspeccionados periodicamente.
 

back link