Oleiros, 18 de outubro de 2017-. A compañía Azar Teatro Danza e Música presenta o domingo ás 20:00 horas no auditorio Gabriel García Márquez de Mera o seu espectáculo O soño negro, adaptado e dirixido por Marisol Casal. O elenco de actores e actrices fórmano Brais Romero García, Brenda Romero Casal, Sergio León Centeno, Xian Romero Casal, Oliver Daniel Carballal García e María Florencia Del Pópolo Calzada.
Nesta obra, o doutor Ramsay é encarcerado por un asasinato que non cometeu. Na prisión é visitado polo cirurxián Cadman, antigo mestre de Ramsay, que o libera usando a droga do “Soño Negro”, que provoca catalepsia. Cos coñecementos de cirurxía cerebral de Ramsay, Cadman trata de curar a súa amada Irena, quen sofre un trastorno da personalidade. Despois de tantas operacións sen éxito, Ramsay decide buscar unha solución.
A entrada é libre con invitación, ata completar a capacidade da sala. A obra está recomendada para maiores de 12 anos.