Hemeroteca

Asset Publisher

Back A tempada de praias chega á súa recta final cun total de 1701 intervencións do Servizo Municipa

Oleiros, 19 de setembro de 2011-. A tempada de praias en Oleiros está a punto de concluír cun balance final de 1701 intervencións por parte do Servizo de  Salvamento e Socorrismo desde que se iniciou a tempada o pasado 1 de xuño. A maioría das intervencións levadas a cabo son de tipo sanitario producidas xeralmente por picaduras de mosquitos ou escarpotes, queimaduras solares  e traumatismos. Ademais das intervencións sanitarias, que superan as 1.400 do total, leváronse a cabo 143 salvamentos, todos eles de pouca gravidade excepto un. Ademais das asistencias sanitarias e o máis dun centenar de rescates, o Servizo de Salvamento e Socorrismo do Concello de Oleiros levou a cabo algo máis de 50 intervencións doutra índole.

A tempada de praias pecharase definitivamente o próximo 30 de setembro, ata entón o servizo de vixilancia e socorrismo seguirá activo, aínda que xa desde o luns traballa con menos efectivos. O Goberno local aconsella aos bañistas que deben tomar medidas de precaución e respectar as zonas sinaladas como non recomendables para o baño.

back link