Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás A Sala do Contencioso falla novamente a favor de García Seoane en relación á demolición parcial

Oleiros, 31 de marzo de 2011.– A Sala do Contencioso Administrativo número 4 acordou estimar a denuncia presentada como incidente de execución por Ángel García Seoane para que se deixaran sen efectos as sancións coercitivas que a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística da Xunta de Galicia lle impuxera a pesar das dilixencias encomendadas á execución da sentenza que obrigaba a executar a demolición parcial da súa vivenda.

O auto sinala que non se axusta a dereito manter as accións por parte da Xunta cando a Sala do Contencioso Administrativo aceptara a fixación dunha  data que foi cumprida estritamente por García Seoane. Deste modo, prosigue o auto, as sancións de 211 euros mensuais deben ser devoltas ao abeiro dos razoamentos xurídicos da resolución.

García Seoane quere denunciar unha vez máis a mala fe demostrada tanto por parte da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística como por parte da delegada territorial da Consellería de Pesca e pola Consellería de Ordenación do Territorio que queda reflectida nas dúas sentenzas do Contencioso Administrativo e do Tribunal Superior de Xustiza, así como na resolución do Consello Consultivo da Xunta de Galicia e este novo auto da Sala do Contencioso número 4 datado o 22 de marzo de 2011.

back link