Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás A Orquestra de Cámara Galega ofrece un concerto o sábado en Mera

Oleiros, 18 de outubro de 2017-. O sábado, ás 20:30 horas, o auditorio Gabriel García Márquez de Mera acolle un concerto da Orquestra de Cámara Galega. Será a presentación en Oleiros do espectáculo Alma Delas: concerto con voz de muller.

Fundada en 1995 por iniciativa de Rogelio Groba Otero, director-concertino, a Orquestra de Cámara Galega está integrada por músicos formados en diversos conservatorios europeos. Alma delas é un concerto dedicado á muller da man de obras de Teresa Carreño e interpretacións de solistas mulleres de obras de Vivaldi e Teleman.

A entrada é libre, ata completar a capacidade da sala.

back link