Hemeroteca

Asset Publisher

Back A obra teatral Verbum Fahrenheit será representada mañá no auditorio de Mera

Oleiros, 11 de maio de 2012-. O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros organiza para mañá sábado o pase da obra de teatro Verbum Fahrenheit. O acto terá lugar ás 20.30 horas no auditorio Gabriel García Márquez de Mera e o prezo da entrada é de 2,5 euros.

Trátase dunha obra de Limiar Teatro e de Verbum Casa das palabras que está inspirada na obra de Ray Bradbury. Verbum Fahrenheit é a historia de dous homes, dous presos que comparten un mesmo delito: ler. Ler nunha sociedade onde a lectura está prohibida e os libros son queimados por bombeiros incendiarios. Esta obra está construída en base a textos canónicos da literatura galego-portugesa de grandes autores como Camões, Pessoa, Blanco Amor, Manuel Antonio, Celso Emilio Ferreiro, Ramón Cabanillas, Rosalía de Castro…

 

back link