Hemeroteca

Asset Publisher

Back A obra de teatro Tropical represéntase o sábado en Mera

Oleiros, 8 de novembro de 2017-. A compañía Elefante Elegante presenta o sábado ás 20:30 horas no auditorio Gabriel García Márquez de Mera o seu espectáculo Tropical, escrito e dirixido por María Torres e Gonçalo Guerreiro. O elenco de actores e actrices fórmano María Torres, Gonçalo Guerreiro, Fredi Muíño, Marta Alonso e Ánxela Blanco.

Tropical é un espectáculo sensitivo, universal e evocador que mergulla no universo da viaxe e na súa vasta riqueza de matices e dimensións. Un navío habitado por viaxeiros con destinos entretecidos. Turistas, emigrantes, músicos e refuxiados custodiados por unha vixiante e dilixente tripulación. Do norte ao sur nun cruceiro sedutor e do sur ao norte fuxindo da fame e dos cascallos.

As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas a un prezo de 2,50 euros. A obra está recomendada para persoas maiores de 12 anos.
 

back link