Hemeroteca

Asset Publisher

Back A obra de teatro Cinco mulleres que comen tortilla represéntase o sábado no auditorio de Mera

Oleiros, 13 de marzo de 2019-. A compañía Señora Supina presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera o seu espectáculo Cinco mulleres que comen tortilla, escrito por Andrew Hobgood e Evan Linder e dirixido por Javier Lojo . Nola Drake, Raquel Ferraz, Laba Outeda, Laura Quintas e Gabi Modesto forman o elenco desta comedia.

Cinco mulleres que comen tortilla é unha comedia delirante e enxeñosa que transporta o espectador á América dos anos 50 grazas ao humor e a unha coidada posta en escena totalmente inmersa. Un búnker esmeradamente decorado no que se integra o público desde que entran pola porta asignándolles un nome. Cada un dos espectadores é unha máis das irmás, unha máis das viúvas convidadas ao concurso de tortillas da Susan B. Anthony. A liberdade, a relixión, o feminismo, as moralidades e o medo ao descoñecido son os motores desta  exitosa comedia internacional.

As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Está recomendada para maiores de 12 anos.

Este espectáculo está incluído na programación da Rede Agdic do 1º semestre de 2019.

back link