É inadmisible a actitude desta empresa que ten hipotecadas obras públicas por toda Galicia polo monopolio do que dispón para a realización das obras de retirada e retranqueo de postes. Non permite facelo a outras empresas nin tampouco o executa en tempo.
O Concello de Oleiros reclama que se aborde de inmediato a retirada dos postes para non demorar máis a finalización da obra