Oleiros, 3 de maio de 2013-. O Concello de Oleiros organiza para mañá sábado a partir das 20.30 horas un concerto de música clásica no auditorio do complexo cultural da Fábrica. O espectáculo titúlase Un mundo de música e letras e será interpretado pola pianista Cristina Morais e o violonchelista Lito Iglesias.
No concerto interpretaranse obras de Schumann, Enrico Mainardi, Manuel de Falla, Béla Bartok, Xoan Montes, Celso Machado, Eduard Toldrá. A entrada será libre ata completar a capacidade dá sala.