Hemeroteca

Asset Publisher

Back A hora do conto e actividades infantís nas bibliotecas públicas municipais de xaneiro a maio

A rede de bibliotecas públicas do Concello de Oleiros segue adiante co programa de animación á lectura dirixido ás crianzas de 2-4 anos e a partir de 5 anos. As sesións de contacontos e concertos terán lugar ás 18:30 horas e obradoiros ás 17:30h

Desde finais de xaneiro e ata finais de maio, nas sete bibliotecas municipais levaranse a cabo 62 sesións de diferentes actividades infantís, como contacontos, concertos de música, sesións de maxia, obradoiros científicos e de arte... para fomentar a lectura e animar a que os nenos e nenas visiten as bibliotecas no seu tempo libre. 

Estas actividades realizaranse a través de narración ou dramatización dunha ou varias historias, pero tamén haberá música, maxia e outros espectáculos para atraer á lectura ao público infantil. Todos os actos terán un enfoque lúdico, fomentando a imaxinación e a creatividade, como unha invitación a viaxar a un tempo máxico de ilusión e fantasía. 

O aforo é limitado, é imprescindible reservar praza na biblioteca en que se desenvolva cada unha das actividades. Isto pode facerse chamando por teléfono ou achegándose persoalmente. Poderanse inscribir desde 10 días antes da data de realización.

back link