Hemeroteca

Asset Publisher

Back A Fábrica acolle unha mostra de pintura de María Rodríguez Rey

Oleiros, 20 de novembro de 2017-. A sala de exposicións do centro cultural A Fábrica acolle desde o mércores unha mostra de pintura da artista María Rodríguez Rey. A exposición titúlase Os nosos tesouros.

O acto de inauguración será o mércores 29 de novembro ás 20:00 horas e a mostra permanecerá aberta ata o 12 de decembro. Pode visitarse de luns a venres, de 9:00 a 15:00 e de 17:00 a 21:30 horas. Os sábados o horario de apertura vai desde as 10:00 ata as 13:30 horas. Unha parte das vendas serán destinadas a proxectos do Voluntariado de Oleiros.
 

back link