Nada ten que ver esta realidade coa campaña desinformativa que ocupou portadas de periódicos, grandes titulares e declaracións demagóxicas por parte dalgún grupo político durante o pasado mes de abril. O sistema de escolas infantís públicas de Oleiros consta de 4 centros que ofertan en total 304 prazas: A Canteira 102, A Pardela 74, As Galeras 87 e A Braña 41 prazas.
O Concello sempre fixo unha aposta prioritaria por este tipo de centros, que ademais de atender ás mellores condicións de socialización das crianzas, resultan importantes mecanismos de conciliación da vida familiar e laboral.