Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás A comedia infantil Misterios represéntase o venres na Fábrica

Oleiros, 11 de outubro de 2017-. A compañía O Aturuxo de Melpómene presenta o venres ás 19:00 horas no auditorio do centro cultural A Fábrica o seu espectáculo Misterios, escrito e dirixido por Paula Carballeira. O elenco de actores e actrices fórmano María López, Silvia Casal, Leandro Lamas e Lorena Montero.

Mara, a protagonista desta obra de teatro, busca respostas para as grandes preguntas. Hai días nos que parece que os misterios están por todas partes: na na casa, na na rúa, no galiñeiro... e non hai nada máis emocionante, nin máis divertido, que resolvelos.

A entrada é libre con invitación, ata completar a capacidade da sala. A obra está recomendada para público familiar, especialmente recomendado para maiores de 6 anos.
 

back link