Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás A colaboración veciñal é determinante para acabar coas condutas ilegais relacionadas co lixo

Oleiros, 25 de novembro de 2016-. O Concello de Oleiros lembra a obrigatoriedade de depositar as podas no punto limpo de Iñás e a prohibición de deixalas nos contedores do lixo. Desde o Goberno municipal solicítase a colaboración veciñal para erradicar as condutas ilegais relacionados co lixo e que tanto degradan o noso municipio.

Precisamente no día de onte foi sorprendida unha empresa de xardinería depositando os restos dunhas podas nun contedor da rúa do Mar. Tanto neste caso, como nos demais que se detecten, o Concello de Oleiros imporá sancións exemplarizantes.
 

back link