Oleiros, 23 de novembro de 2017-. Para reducir o número de vehículos que transitan polas rúas do centro de Perillo, a avenida Rosalía de Castro pasará a ser de sentido único desde a rúa Somalia. Este cambio implica tamén que os vehículos que baixen pola rúa do Pombal só poderán xirar cara a dereita.
Ademais, para axilizar a circulación de Rosalía de Castro e evitar a dobre fila, crearanse catro estacionamentos regulados de 10 minutos de duración fronte á Farmacia. Así, facilitaranse as compras e xestións nos establecementos da zona.