Hemeroteca

Asset Publisher

Back A última semana de novembro retómase a construción da cuberta no parque da Lagoa

Oleiros, 17 de novembro de 2017-. O vindeiro luns 27 de novembro está previsto que se retomen os traballos de construción da cuberta no parque da Lagoa de Mera, unha vez estean rematados todos os trámites administrativos para poder reiniciar a obra. Debido aos erros do proxecto, a empresa que o redactou terá que asumir os incrementos económicos precisos para poder construír a cuberta que superan os 30.000 euros.

Esta actuación ten un custo de máis de 350.000 euros. Os materiais empregados para a construción da cuberta garanten a integración visual coa paisaxe do contorno mediante unha estrutura abovedada, similar ás ramas das árbores que hai no parque. Empregarase madeira laminada para preservar a calidade estética e paneis transparentes que permitirán o paso da luz natural.
 

back link