Hemeroteca

Asset Publisher

Back "Hasta que la muerte nos separe", teatro en Mera o sábado 13 de abril

Inconstantes Teatro presenta o sábado 13 de abril ás 20:30h en Mera a obra Hasta que la muerte nos separe baixo a dirección de Emilio del Valle.

Hasta que la muerte nos separe reflexiona sobre a parella como construción social, cultural, económica e relixiosa. A filla é obxectivo, pegamento, escusa, xustificación, pero finalmente, sempre ocupa o terceiro lugar. A sociedade evoluciona, a idea occidental de familia, non.

No escenario, un actor, unha actriz e un músico. De idades parecidas, constrúen dous personaxes dos que entran e saen, unha parella que se separa tras una longa convivencia na que ambos soñaron acabar as súas vidas xunto ao outro. Pero teñen unha filla, que fai que a famosa frase do rito católico “ata que a morte nos separe” adquira todo o seu vigor. O actor e a actriz falarán de amor, de costume, de diñeiro, de fillos, do pasado, presente e futuro; de soños que se fían e rompen, de verdade ou relato…

As entradas teñen un prezo de 4,00 € e poñeranse á venda o día do espectáculo no propio auditorio a partir das 19.30 horas (ata completar a capacidade da sala).


Autoría: Emilio del Valle
Dirección: Emilio del Valle
Elenco: Rosa Manteiga, Jorge Muñoz e Nacho Vera (músico)
Xénero: teatro contemporáneo.
Duración: 80 min
Público: Adulto
Prezo: 4,00 € 
 

back link