Ademais de desgustar o tradicional menú composto por empanada, roxóns, chourizo ao estilo Santaia, larpeira, queixo e marmelo; houbo baile antes e despois do xantar coa Banda Municipal, o dúo Xilo e Carlos e os solistas Sito Sedes e Carmen María.
Un elemento fundamental desta festa é a implicación e participación do tecido asociativo do concello que fixo que preto de 100 persoas que colaborasen desinteresadamente na organización e desenvolvemento da festa. O Concello agradece a todas as persoas voluntarias, así como aos traballadores e traballadoras municipais, a súa predisposición ao longo de toda a xornada para facer posible esta romaría. Sen a súa participación e bo facer a romaría non tería sido posible.