Imagen Teatro - Croquetas
Teatro - Croquetas

Sábado 27 de setembro ás 19:30 horas

Auditorio da Fábrica (Perillo)

Sinopse: Que acontece cando combinas un guión horrible e un director nefasto cuns intérpretes ineptos e faltos de calquera sentido artístico e teatral? O desastre é inevitable.

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

    Imagen Teatro:  Heroes en decembro
    Teatro: Heroes en decembro

    Domigo 28 de setembro ás 19:30 horas

    Auditorio da Fábrica (Perillo)

    Sinopse: Catro suicidas acceden a un programa de repoboación rural a modo de terapia grupal. As rutinas e actividades programadas fan ver a Berta que sobrevivir non poden devolverlle as ganas de vivir. O suicidio silenciado de Khalid dentro do programa, a rebelión de Berta e a chegada da última traballadora social, con intereses ocultos, cuestionan os piares sobre os que se sustenta o proxecto e cada un dos seus habitantes.

    Heroes en decembro é un texto contemporáneo e actual, unha traxedia con moitos toques de humor, que nos incita a cuestionarnos a importancia da saúde mental e a poñernos no lugar do outro. Realiza unha radiografía fresca e actual sobre a realidade social mostrándonos a realidade desde outra perspectiva

    Entrada libre ata completar a capacidade da sala

      Imagen Tiruleque, Grupo Teatro: A conspiración da piolla
      Tiruleque, Grupo Teatro: A conspiración da piolla

      CANCELADA

      Sábado 4 de outubro ás 19:30 horas

       

       

        Imagen Teatro:  Os veciños do lado
        Teatro: Os veciños do lado

        Domingo 5 de outubro ás 19:30 horas

        Auditorio da Fábrica (Perillo)

        Sinopse: María e Pedro son unha parella convencional que recibe a visita dos seus novos veciños: Rosa e Ignacio. O que en principio parece unha cea de cortesía entre descoñecidos deparará un encontro disparatado de dobres intencións e segredos inconfesables, ou é que seica non todos temos algo que ocultar?

        Entrada libre ata completar a capacidade da sala

          Imagen Teatro: Tolóptica
          Teatro: Tolóptica

          Sábado 11 de outubro ás 20:30 horas

          Auditorio Gabriel García Márquez (Mera)

          Sinopse: Leo e Brais, dous empresarios da óptica Tolóptica, asisten á 24ª convención de Tolóptica, na cal van entregar os premios ao mellor vendedor de primeira clase da empresa, entre outros.

          Leo é un axente distribuidor nato, puntual, pulcro e meticuloso pero ao mesmo tempo moi egocéntrico, mentres que Brais é máis despreocupado, tranquilo e sinxelo, un home que transborda unha actitude risoña e empática alá por onde pasa.

          Leo chega con moita antelación ao evento e toma medidas do escenario para facerse unha idea de como se vai levar a cabo a gala. Brais, atraído pola curiosidade das accións de Leo, decide acompañalo durante o evento.

          Entrada libre ata completar a capacidade da sala

            Imagen Danza: Tabú
            Danza: Tabú

            Sábado 18 de outubro ás 20:30 horas

            Auditorio Gabriel García Márquez (Mera)

            Sinopse: Semellar sen imitar, figurar sen esquecer. Escenario carnavalesco de vida, peso do parecer e implacable xuízo de aspectos. Que muller eras ti? Que muller es ti?

            A aparencia como posibilidade de futuro.

            Agosto de 2020. Atopámonos no centro de Allariz, concretamente no cruzamento entre as rúas da Cruz e Fonteiriña. Ante nós, unha rechamante fotografía, datada de 1925 e con autoría de Manuel Riesco. Nela, un grupo de mulleres, vestidas coas camisolas de dous equipos de fútbol: o Arnoia de Allariz e o Celanova, con actitude desafiante e seria e recollidos estilo belle époque, baixo o título “Equipo de fútbol feminino no vello campo de Vilanova”.

            Quen eran estas mulleres? Que foi delas?

            Que sucedeu nese partido? Atopámonos ante unhas pioneiras?

            Fronte a estes interrogantes, comezamos sen retorno, un mergullo nas curiosidades destas travesías de vida feminizadas e aínda por descubrir.

            Prezo: 4 €

              Imagen Teatro: As formas do amor
              Teatro: As formas do amor

              Sábado 25 de outubro ás 20:30 horas

              Auditorio Gabriel García Márquez (Mera)

              Sinopse: Ela e el foron parella.

              Foron deses amores inesquecibles que marcan un antes e un despois na vida, porque todo o poñen patas para arriba, revísano, sacódeno, desmóntano e vólveno armar.

              Logo de tanto tempo separados, quizais hoxe sexa o día xusto para volver atoparse por primeira vez.

              Unha historia para saír do teatro con moi boa sensación no corpo, con gusto, alegría e esperanza. Unha historia para falar e reflexionar sobre iso que chamamos «amor».

              Prezo: 4€

                Imagen Teatro: Arte sen guión
                Teatro: Arte sen guión

                Sábado 1 de novembro ás 20:30 horas

                Auditorio Gabriel García Márquez (Mera)

                 

                Sinopse: Existiu o teatro medieval en galego? Arte sen guión responde a pregunta desde as ferramentas da improvisación contemporánea. Catro comediantes representan os entremeses compilados nun estraño códice da Idade Media enchendo as partes incompletas coa axuda do público e tratando de agochar todos os anacronismos que introducen polo seu descoñecemento da época.

                Arte sen guión é unha especulación improvisada, unha relectura dun tempo deostado e unha comedia que nos lembra que nin antes eran tan antigos, nin agora somos tan modernos.

                Prezo: 4€

                  Imagen Teatro: Esas cousas marabillosas
                  Teatro: Esas cousas marabillosas

                  Sábado 8 de novembro ás 20:30 horas

                  Auditorio Gabriel García Márquez (Mera)

                  Sinopse: Esas cousas marabillosas comeza cando o público vai entrando na sala e é recibido polo actor. Dálles a benvida, axúdaos a se acomodar, e dálles un papeliño que vai xogar no espectáculo. Cando empeza o espectáculo, o público xa leva un cacho dentro del sen sabelo e algúns cunha "cousa marabillosa" na man.

                  É unha peza participativa, tenra, emocionante e divertida.
                  É unha comedia que fala sobre a saúde mental, a depresión e o suicidio.
                  É unha obra que pode cambiarche a vida… e para ben.

                  Prezo: 4,00 €

                    Imagen Morraoconto: Tromso
                    Morraoconto: Tromso

                    Sábado 15 de novembro ás 20:30 horas

                    Auditorio Gabriel García Márquez (Mera)

                    Sinopse: Cando un ser querido nos deixa, o baleiro que queda énchenos dun silencio que, ás veces, nunca conseguimos facer desaparecer. Un silencio que se aferra ao corazón apagando para sempre parte da súa luz. Tromsø é unha reflexión en clave de humor desde a perda. Sobre a vida, a morte e todo o que queda entre medias. É un canto á tristura pero tamén á esperanza. Unha viaxe épica polos mares do norte, navegando tormentas, fiordos e enormes cardumes de arenque, na procura de respostas nun lugar onde as candorcas, co seu canto, desgarran o silencio salvaxe da aurora boreal.

                    Prezo: 6,00 €

                      Imagen Teatro: As Gardiás ou o nó do tecelán
                      Teatro: As Gardiás ou o nó do tecelán

                      Sábado 22 de novembro ás 20:30 horas

                      Auditorio Gabriel García Márquez (Mera)

                      Sinopse: As Gardiás, ou o dereito a decidir como xestionar a nosa propia vellez.

                      O humilde piso de Rosa, nun vello edificio no corazón dun barrio popular dunha vila obreira, é o refuxio acolledor dunha tribo de catro mulleres maiores organizadas. Rosa (que se topa nunha cadeira de rodas) e as súas compañeiras, Ana, Marga e Susana, son operarias xubiladas da industria téxtil, e están decididas a preservar a súa independencia. Cando a filla de Rosa, Vitoria, propón trasladala a unha institución médica e vender o apartamento, comeza unha loita entre dúas visións do ben envellecer. Enfrontadas ás decisións de Vitoria, as vellas mulleres defenden o seu dereito a vivir xuntas e en liberdade e artellan unha serie de estratexias para convencer a Vitoria de que a súa é a postura mellor.

                      Prezo: 4,00 €