Servicio de Asistencia Técnica en Igualdad (SATICO)

Atrás Suspensión da atención presencial do SATICO durante o mes de agosto

Durante o mes de agosto, suspéndese a atención presencial do SATICO, volvendo a reanudarse a partir do mes de setembro, non horario e na localización habituais:  os xoves de 16:20 a 19:20 no Torreón Bescansa. Así e todo, podes contactar coa técnica do SATICO de luns a venres de 8:00 a 15:00 a través dos teléfonos e o enderezo electrónico que se recolle ao final desta entrada informativa.

O SATICO é un servizo aberto e participativo, de asesoramento e sensibilización dirixido a toda a cidadanía, a través do cal dáselle resposta a calquera dúbida, necesidade ou problemática en materia de xénero, igualdade e violencias machistas.

Desde o SATICO (Servizo de Asistencia Técnica de Igualdade do Concello de Oleiros) trabállase tanto coa poboación a título individual como cos e coas profesionais dos diferentes departamentos municipais, colectivos, asociacións e entidades do tecido asociativo, empresas, centros de ensino, clubs deportivos e demais axentes sociais, culturais, educativos, políticos e empresariais presentes nos municipio.

Deste xeito, proporciónase a información necesaria, adaptada ás propias necesidades das persoas ou colectivos usuarios tales como apoio e asesoramento no deseño, planificación e implementación de actividades; elaboración de protocolos contra o acoso sexual; solicitude de subvencións; desenvolvemento e emprego de ferramentas como a recollida de datos desagregados, o emprego inclusivo e non sexista da linguaxe, o tratamento da imaxe etc.; así como calquera outra cuestión en materia de xénero, igualdade e violencias machistas.

Desde e SATICO, implementado desde o 2022, lévanse desenvolvendo ao longo dos anos diversas actividades e campañas de sensibilización dirixidas á cidadanía. Entre elas, a colocación de Puntos Violeta nas festas parroquiais no marco da campaña “Non faltes á festa, pero de festa non faltes”; a elaboración da Guía para un uso inclusivo e non sexista da LINGUAXE; a campaña de concienciación e sensibilización durante o Nadal dirixida a un reparto igualitario e corresponsable das tarefas domésticas e de coidados, a prevención das violencias machistas e a concienciación sobre o fomento de xogos e xoguetes igualitarios e inclusivos; os Cafés en Lila; o obradoiro de expresión corporal e apoderamento “Desinhíbete”; o programa de actividades dirixido ao auto coñecemento das mulleres “Coñecerse é vivirse”; a instalación de Puntos Violeta e Puntos Arcoíris nos IES e CEIP municipais e a impartición de obradoiros ; entre moitas outras. Na mesma liña, ao longo deste 2025, estanse a realizar múltiples actividades, as cales vanse difundido a través dos medios de cmunicación e redes sociais municipais.

Enderezo

Torreón Bescansa

Rúa da Ribeira, s/n

15172

Perillo (Oleiros)

Horario de atención

Presencial: Os xoves de 16:20h a 19:20h (excepto en agosto. Contactación telefónica) 

Telefónica: De luns a venres en horario de 10:00 a 19:00 (excepto en agosto: horario de luns a venres de 8:00 a 15:00). 

Teléfono

981 61 00 00

604 02 51 60

Correo

electrónico

igualdade@oleiros.org

igualdadeoleiros@gmail.com