Noticias

Noticias

Atrás O Castelo de Santa Cruz iluminarase de vermello contra a pobreza

Oleiros, 16 de outubro de 2017-. O Concello de Oleiros participará na campaña Pobreza Cero iluminando de vermello o Castelo de Santa Cruz. O alumeado realizarase mañá martes.

A iniciativa demanda máis políticas públicas sociais de protección e inclusión, máis axudas ao desenvolvemento e á acción humanitaria e unha xustiza fiscal para a redistribución da riqueza. Esta campaña parte da Coordinadora Galega de ONGD.
 

back link