Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O sábado celébrase o acto de inauguración da escultura en homenaxe ao Profesorado, en Mera

 Oleiros, 2 de marzo de 2023-. Este sábado 4 de marzo, ás 13:00 horas, terá lugar o acto de inauguración da escultura de homenaxe aos mestres e mestras. Será en Mera, na rúa das Escolas, na confluencia coa rúa Eduardo Galeano, na nova urbanización do centro da localidade.

 
Será un acto aberto á participación de toda a veciñanza e contará coa intervención do alcalde, Ángel García Seoane.
 
Desta maneira o Concello dedicará unha estatua de pedra ao profesorado, creada por Francisco Escudero. Trátase dunha homenaxe permanente á docencia, imprescindible na construción dunha sociedade democrática, libre, culta e tolerante.
back link