Noticias

Noticias

Atrás O 22 de decembro outorgáronse os premios do II Premio Literario Descubrindo Oleiros

En 2014 naceu o Premio Literario Descubrindo Oleiros para promover a lingua e dar a coñecer o noso concello, pero tamén para animar a que a xente nova escriba, lea e investigue sobre os nosos espazos. En cada un dos relatos presentados por alumnos e alumnas de 3º de primaria a 4º de ESO, puidemos descubrir os sentimentos da nosa mocidade, vimos o agarimo co que describen moitos dos lugares de Oleiros, como a biblioteca Rialeda, o Seixo Branco...; a curiosidade que teñen por saber como o patrimonio municipal chegou a mans do Concello, como A Fábrica ou o castelo de Santa Cruz; como se reflicte a educación en valores, a preocupación polo medio ambiente e pola conservación do municipio... Pero sobre todo vimos uns artistas que con Oleiros de fondo foron creando a súa obra chea de soños e ilusións.

Os relatos premiados foron Unha mensaxe dende o fondo do mar, de Maya Faulkner Fernández, Boas ondas de Mateo Amado Ares e ademais entregáronse dous accésits un a Os segredos da Fábrica de Celtia Río Santos e outro a Detrás dun andel de Andressa Fernández Amador.

O 22 de decembro tivo lugar o acto de entrega dos premios, onde cada un dos galardoados leu o seu relato e fíxoselle entrega dunha cámara de fotos para retratar os seus momentos no municipio, para a categoría de primaria e un reprodutor de libros electrónicos para que poidan levar con eles as súas creacións, para o alumnado da ESO.