Oleiros, 21 de xaneiro de 2016-. O Concello de Oleiros organiza un curso de lingua galega de nivel intermedio, para axudar a preparar as probas Celga convocadas para o mes de abril. Debido a que en 2015 a Xunta de Galicia non organizou ningún curso Celga no Concello, o Servizo de Normalización Lingüística programa este curso debido á gran demanda que hai, sobre todo no colectivo de persoas desempregadas.
O curso será os luns, martes e xoves de 10.00 a 12.00 horas na Fábrica. Comezará o día 1 de febreiro e rematará o 31 de marzo de 2016. Aquelas persoas interesadas en inscribirse neste curso poderán formalizar a súa matrícula na Fábrica de 8.00 a 15.00 horas, no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo de 8.00 a 20.00 horas, ou a través de internet mandando a folla de inscrición a l.filloy@oleiros.org.
O prazo de inscrición comeza o 22 de xaneiro e remata o 29 de xaneiro de 2016. Terán preferencia as persoas empadroadas e irá por orde de inscrición.