Actividades culturais

Atrás ANDARES POR GALICIA: RUTA POLO COUREL

O vindeiro sábado 31 de maio terá lugar unha nova edición do programa Andares por Galicia, a Cultura da Natureza, organizado polo Concello de Oleiros.

Este Programa céntrase en descubrir as características máis importantes a nivel natural, social e cultural da nosa terra e xerar conciencia de coidado e protección do patrimonio natural e cultural. Así mesmo trata de promover a convivencia e a socialización do grupo de participantes nun ambiente aberto e favorecer hábitos saudables de ocio no medio natural.

Esta saída contará con 3 guías especializados/as e ofértanse 40 prazas dirixidas a persoas maiores de idade, cun prezo de 23 euros.

  • As preinscricións realizaranse preferentemente na Sede electrónica/catálogo de trámites/cultura a partir do luns 19 de maio ás 10.00 horas.
  •  No caso de ter máis solicitudes que prazas a adxudicación de prazas realizarase por sorteo entre todas as solicitudes de persoas empadroadas rexistradas entre o luns 19 de maio ás 10.00 horas e o martes 20 ás 14.00 horas, na sede electrónica, no catálogo de trámites, ámbito de cultura. No caso de que a algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas.

Sábado, 31 de maio de 2025

RUTA POLO COUREL: DA DEVESA DA ROGUEIRA Á SEARA E FERVENZA DE VIEIROS

Punto inicio: Alto do Couto (Folgoso do Courel)

Punto final: Vieiros- A Seara (Quiroga)

Distancia da ruta: 12 km

Dificultade: media-alta

PUNTOS DE INTERESE

  • Devesa da Rogueira
  • Fontes do Cervo, augas calcáreas e ferruxinosas
  • Miradoiro do Pico Polín
  • Campa da Lucenza
  • Lagoa glaciar da Lucenza
  • Fervenzas do Fócaro e de Vieiros no río Selmo
  • Aldea de montaña de A Seara
  • Castelo de Carbedo
  • Microreserva de orquídeas do Alto do Couto

VISITA CULTURAL: Colección de Instrumentos de Música de Raíz da Fundación Legar na Seara

Fecha del evento

Sábado, 31 de maio de 2025

Medios de contacto
INSCRICIÓN