Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás V Festival Rockanroleiros esta fin de semana en Santa Cruz

 Oleiros, 27 de setembro de 2022-. Este venres e o sábado a praza de Esther Pita acollerá a quinta edición do Festival Rockanroleiros. O Concello colabora na organización deste evento coa asociación Musicoleiros, formada por grupos locais que pretenden dinamizar e achegar a súa actividade musical.

 
O festival comeza o venres ás 20:00 horas cos concertos de Solrain, Doctor Snob, Candy Feckless e Guadalupe Plata. O sábado haberá sesión vermú desde as 12:00 horas coas bandas Duro e Casual Monkeys. Pola tarde, os concertos comezan ás 19:00 horas e actuarán Braian de Palma, Máxica, Desubicados, Julian Maeso Trío e Deltonos. 
 
A entrada a todos os concertos é aberta e gratuíta.
back link