Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Un único médico en Santa Cruz atende todas as incidencias que se presentan no municipio

 O goberno do Concello de Oleiros denuncia a falta de persoal médico nos Centro de Saúde de Oleiros


Oleiros, 5 de agosto de 2020.- No día de hoxe, pola mañá, dos catro médicos do cadro de persoal que terían que pasar consulta no Centro de Saúde de Santa Cruz, unicamente está un atendendo a todas as incidencias que se presentan. Isto vén motivado pola recente xubilación de dous dos profesionais e a baixa por ILT de outro.
 
Durante a época estival a poboación en Oleiros triplícase por mor da estadías vacacionais. O Centro de Saúde de Santa Cruz ten un único pediatra para unha poboación de máis de 10.000 habitantes e o Centro de Saúde de Mera, carece deste servizo de pediatría, a pesar de ter unha influencia poboacional que abrangue toda a zona norte do municipio.
 
O PAC de Santa Cruz é o único que presta atención de forma continuada e só dispón dun único médico para o atendemento de forma presencial, as visitas a domicilios e consultas telefónicas para unha poboación de máis de 40.000 habitantes.
 
O Goberno do Concello de Oleiros solicita á Xunta de Galicia que resolva esta situación de inmediato. Dadas as circunstancias actuais é gravísimo o que está acontecer a respecto do atendemento aos pacientes xa que estes profesionais deben prestar atención ao seu cupo, aos desprazados, os seguimentos do Covid e ás posibles derivación dos cupos urxencias da tarde.
 
back link