Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Rebeca Jiménez La Mexicana actúa o sábado na Fábrica

Oleiros, 3 de marzo de 2020-. Rebeca Jiménez actúa o sábado no centro cultural A Fábrica, en Perillo, ás 20:30 horas, para poñer o colofón ao VII Ciclo de Música Voces Cálidas para noites de Inverno. As entradas estarán á venda desde unha hora antes do inicio do espectáculo a un prezo de 3,50 euros.

 
Rebeca Jiménez, segoviana de nacemento e mexicana de corazón, colaborou con Neil Young, John Fogerty, Miguel Ríos, Andrés Calamaro, Coque Malla, Rubén Pozo, Leiva, MClan e un longo etcétera de artistas. No directo é onde mellor se desenvolve e puido mostrar as súas cancións en lugares como Nova York, China, México e todos os recunchos de España. Precisamente o seu amor por México levouna a render unha homenaxe en forma de cancións que ela sente moi dentro, xa que desde pequena canta temas do folclore latinoamericano.
 
Cun estilo persoal que leva desde o pop-rock con matices soul ata as rancheiras, e unha voz inconfundible, Rebeca presentará en Oleiros os adiantos do seu novo traballo “La Mexicana”.
back link