Oleiros, 18 de xullo de 2022-. A Demarcación de Costas comunicoulle ao Concello que realizará unha aportación de area nun dos extremos da praia de Santa Cristina, nas proximidades da rampla de acceso recentemente renovada.
Vaise utilizar area da ría do Burgo, aproveitando os traballos de rexeneración do estuario. O Concello demandara en varias ocasións a Costas esta actuación.