Oleiros, 20 de maio de 2020-. Ante o incremento de ciclistas en bicicletas de montaña circulando por paseos e parques públicos do municipio, o Concello de Oleiros lembra a importancia de respectar as normas e a sinalización. A cidadanía que transite a pé ten preferencia sobre aquelas persoas que van en bicicleta.
Nas zonas verdes e sendas dos parques si está permitido o paseo en bicicleta, pero sen superar os 10 km/h. Para insistir no cumprimento das normas, o Concello reforzará a sinalización nas entradas dos parques coa normativa e procederá a sancionar a aqueles cidadáns e cidadás que non a respecten.