Oleiros, 3 de outubro de 2018-. Mañá xoves día 4 de outubro, ás 20:30 horas, o auditorio do centro cultural A Fábrica de Perillo acolle o concerto dos colombianos Bandolina Dúo. O espectáculo forma parte do Encontro Internacional de Música de Pulso e Púa de Galicia.
A agrupación, formada por Oriana Ximena Medina que toca a bandola andina colombiana e Carlos Andrés Quintero coa mandolina, expón a música tradicional colombiana a través dunha proposta musical novidosa. A interacción de dous instrumentos de plectro como son a bandola andina colombiana e a mandolina permiten desenvolver un repertorio non só tradicional colombiano e latinoamericano, senón tamén universal para instrumentos de corda pulsada.
A entrada é libre con invitación. Poderán recollerse a partir das 19:30 horas na Fábrica.