Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O sábado remata a Liga de Judo do Concello de Oleiros

Oleiros, 10 de abril de 2019-. O vindeiro sábado 13 de abril remata unha nova edición da Liga de Judo que organiza o Concello de Oleiros en colaboración co Judo Club Oleiros. Contando coa xornada do sábado, participaron máis de 450 nenos e nenas en idade escolar de toda Galicia e Asturias, entre eles os judokas de Oleiros.

A do sábado será a cuarta xornada da competición. Os combates terán lugar no pavillón José Antonio García Nieto de Canide, a partir das 10:00 horas.

back link