Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O primeiro corte nos garaxes de Sol y Mar está previsto para o 21 de marzo

 Oleiros, 8 de marzo de 2022-. Veciños e veciñas da zona de Sol y Mar participaron na asemblea informativa convocada polo Concello. No encontro, informouse dos garaxes que se van cortar, das datas previstas e dos estacionamentos alternativos que se habilitarán. 

 
Tal e como se explicou na asemblea, os primeiros garaxes que van quedar cortados serán os dos números 6, 7 e 8 da praza dos Areeiros, desde o 21 de marzo, durante 4 semanas. O seguinte corte afectará ao garaxe do portal 304 da avenida das Mariñas, desde o 5 de maio e tamén durante 4 semanas.
 
De non sufrir modificacións as previsións do Ministerio, o día 2 de xuño cortaríanse os accesos aos garaxes dos números 300 e 326, durante 4 semanas.
 
Mentres duren os cortes, os veciños e veciñas afectados disporán de estacionamentos reservados. O número 326 da avenida das Mariñas e os números 6, 7 e 8 da praza dos Areeiros poderán aparcar na antiga Opel. Os números 304 e 300 da avenida das Mariñas terán reservado o espazo de estacionamentos da marxe dereita da estrada, a continuación dos edificios.
back link